
Un informe desvelou onte que Vigo é a cidade galega con máis ordenadores infectados e controlados de forma remota e que ocupa un sexto posto no ránking español. Despois de contactar coa empresa que elaborou o estudo, conseguín poñerme en contacto cun dos voceiros da mesma, que se atopaba en Xapón. As declaracións axudaban a configurar o texto pero faltaba material ilustrativo. A peza informativa precisaba un infográfico de acompañamento e o material para elaboralo era moi escaso e de calidade dubidosa: dous diagramas de barras sen case lenda e datos redactados. Ao maquetador e deseñador gráfico Héctor Silva ocorréuselle burlar o factor tempo e a sequía de batería dun xeito orixinal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario