sábado, 26 de diciembre de 2009

Como?


Depende dos criterios do xornal e das preferenzas do deseñador gráfico que se encargue de elaborar cada infográfico. Aínda así, a pesar de tódalas posibles diferenzas, nótase unha liña de acción común nos de Faro de Vigo, xa dende principios desta década. Velaquí un exemplo de infográfico do 2004.


Cando?

Os infográficos empréganse na maioría das informacións que posúen unha gran densidade de datos, sobre todo naqueles casos nos que resulta máis interesante explicar o contido da peza a poñer unha fotografía carente de significado. Cales son os casos típicos?
1. Resultados de enquisas:


(Elias Regueira)


2. Votacións:


(Elías Regueira)


3- Informes:



(Laura Monsoriu)

viernes, 25 de diciembre de 2009

Especialización relativa



Esa especialización referida na entrada anterior está relacionada coas propias rutinas de traballo na sección. Por exemplo, Laura Monsoriu dedícase unicamente á elaboración de infográficos. Iso non quere dicir que dentro desa labor se especialice aínda máis nunha determinada temática. Por que? A resposta é sinxela. Como di o diseñador gráfico de FARO, Elías Regueira, é fundamental que o xornalista saiba exactamente como quere o gráfico, que o traia perfectamente estruturado. Se a información está ben dada, a Laura, que é unha artista dos infográficos, tanto lle fai que as pezas falen do prezo das patacas, do sexo das ras ou de física cuántica. É por isto que cómpre precisar a que nos referimos cando falamos de especialización.


Especialización dentro da sección de Maquetación

A especialización na sección de deseño gráfico de Faro de Vigo converteuse en fundamental. Aínda que o departamento se coñeza tradicionalmente coma o de Maquetación (“Baixo a Maquetación” ou “Chama a Maquetación” son frases de uso continuo na redacción deste xornal. Porén, dentro dese epígrafe englóbanse profesionais de diferentes especializacións. Nos últimos dous anos foise experimentando un cambio. Mentres antes todos os maquetadotes maquetaban e facían gráficos, agora hai quen fai só maquetas e quen só fai gráficos. Así, o decorrer da actividade na sección é moito máis rápido, máis áxil. O único que segue a ser en certo modo independente é o deseño gráfico de viñetas humorísticas.

Infografía e deseño gráfico “all around the world”

Os xornais locais apostan por unha boa aposta gráfica. Mostra diso son os cambios constantes na maquetación e, sobre todo, na procura de bos profesionais que se encarguen da elaboración dos infográficos, viñetas humorísticas e debuxos ad hoc. E iso pasa en puntos arredor de todo o globo. Dende Galicia até Pernambuco., o súmum do que está lonxe. Si, si. Até Pernambuco. A folha de Pernambuco fai unha aposta interesante en canto ao humorismo gráfico.



Infografía na prensa local. Introdución

A aldea global. Un mundo territorio único, sen fronteiras, onde os produtos chineses poden competir cos nacionais sen que se lles acuse de dumping, a pesar de que haxa axudas escuras dende o comunismo capitalista oriental. Un escenario no que a cultura flutúa dun lado do planeta ao outro, sen barreiras xeográficas.

Pero o próximo ten aínda unha gran forza. É por iso que economistas, sociólogos, políticos e demais analizadores dos fenómenos actuais falen do “glocal” xa como realidade. O local e o global mistúranse a cotío nos intereses dos lectores. É por iso que a prensa local aposte por ter un equipo que saiba resolver as necesidades propias de infográficos nas seccións locais e autonómicas, porque os infográficos hoxe en día son o pulmón de moitas das informacións, sobre todo daquelas máis áridas.

A teoría do "framing" na infografía

O proceso e a explicación é análoga á referente ás pezas xornalísticas en xeral. Cando se decide elaborar un gráfico como complemento a unha información, dependendo do criterio do criterio do xornalista que fai escolla daqueles datos que considera máis senlleiros, do encargado de sección, do xeito de traballar e a visión do deseñador gráfico… o produto final será dun xeito ou doutro. Todo isto vén a dicir que a información situada diante do espello será unha ou outra segundo os diferentes filtros.

Agora ben, que o enfoque sexa un ou outro non quere dicir que o infográfico non sexa un espello da realidade, só que con perpectivas diferentes. A manipulación, porén, si que non se pode incluir dentro desta análise de ningún xeito, porque sería como poñer o reflexo dun porco coa imaxe dun can. E penso que é fundamental destacar esa diferenza de conceptos.

martes, 8 de diciembre de 2009

Paro en Galicia no mes de novembro

Os queixos de Galicia



Revisión de “Una nueva visión del proceso comunicativo: La teoría del enfoque (Framing)”


Pode que a cuestión non sexa tanto negar a especularidade dos medios, senón valorar as características dos propios espellos. Salvo choques de intereses, nas súa informacións si que actúan como tales. O que acontece é que os espellos reflicten aquilo que se lles pon por diante, e aquilo que a súa capacidade de refracción é quen de devolver. A imaxe rexistrada dese reflexo depende do tamaño do espello, do ángulo co que foi colocado, do tempo que estivo colocado diante dese anaco de realidade e da persoa que se encargou de transmitir a súa percepción.

O problema reside en equiparar os espellos co concepto tan cobizado, á vez que imposíbel de atixir, que é a obxectividade. As noticias, as reportaxes, as entrevistas son espellos, unhas veces de aumento, outras, estilizantantes. E tamén son, por suposto, enfoques, esceas, cadros.

A distancia que separa a información da interpretación ten o grosor do cabelo dun elefante, ou unha febra de azafrán. Non quere dicir que se trate de pura opinión, entendida propiamente como tal, que se camufle sutilmente de obxectividade, como se di no texto para revisar. Todo é interpretación, incluso en pezas que recollan declaracións e propostas de accións concretas.

De que depende o enfoque? Da axenda cotiá do medio, do encargado de sección, das circunstancias que rodean a información; do xornalista e toda a súa casuística; do tempo que se poida dedicar ese día á nova; da sorte; do espazo que se disponga na sección e, tamén, na páxina; da maquetación, do momento… Un mesmo xornalista, por ejemplo, podería poñer o espello contra un elemento diferente da realidade dependendo do momento no que se enfronte á peza. Os enfoques, nas historias ricas de matices, son múltiples. Ás veces, a maioría, trátase dunha escolla, sen máis. A vida consiste en tomar decisións sobre aquilo que se nos pasa diante dos ollos en forma de vida. Como dicía Caetano Veloso, “uma escola que a gente precisa aprender”. E nos medios, cada exemplar é froito dun conxunto de decisións que deron forma a esa conxunto de páxinas e as constituíron nun xornal, ou a ese conxunto de arquivos sonoros que levaron ao programa do día.

É coherente o que recolle Pilar Jiménez Armentía. O xeito de funcionar do noso, aínda en parte descoñecido, cerebro é ese tamén. Unha escolla de elementos. Quedamos co que nos parece máis interesante, co que en cada momento cadra, ou non. Eleximos os camiños da nosa existencia, que non son os perfectos, nin son mellores, nin peores, no momento da elección. Ás veces despois un se arrepinte do enfoque, outras se autoaplaude. Pero o publicado, publicado está. Apréndese para o día seguinte, para non caer. Escóllese outro encadre, outra perspectiva, e fáiselle chegar aos demais. É preferible aproximarse a un farrapiño de realidade que quedarse en nada por pretender abarcalo todo. Así é o xornalismo. Nin a verdade absoluta e o rigor inmaculado que algúns todavía abandeiran, nin un monte de mentiras e intereses escuros e pérfidos. É nin máis nin menos iso, reflexos, enfoques, decisións. E o que non escolle queda fóra do xogo, vendo como a película lle decorre por diante dos ollos; iso si, tamén fotograma tras fotograma.

viernes, 4 de diciembre de 2009

Infográficos axeitados


Non é preciso ter un gran número de datos, nin que estes sexan espectacularmente representativos para facer un infográfico correcto, axeitado. Laura Monsoriu elaborou este como complemento a unha información sobre o último informe "La Universidad en Cifras. 2008".

Infográfico Canon dixital

Programa empregado: Illustrator

miércoles, 2 de diciembre de 2009

Visualmente

http://visualmente.blogspot.com/2008_09_01_archive.html

Creado por El Norbi Baruch y Dolores Pujol, VisualMente es el blog de periodismo visual de latinoamérica. Si bien su origen es argentino, desde el principio, en febrero de 2005, el blog ha sabido sumergirse en la realidad visual del continente.
Con secciones y post no sólo en castellano, sino en los idiomas originales (portugués, guaraní, inglés y francés), VisualMente también te ha podido mostrar lo último en periodismo visual norteamericano con la mejor traducción al castellano.