miércoles, 20 de enero de 2010

Cuestións sobre atentados e infografía

1. Actualización: información ou desinformación? Nos temas referentes a atentados coido que é fundamental facer infográficos para explicar como foi que realmente aconteceu, contextualizar a información e aclarar aspectos que, sobre todo, nas primeiras informacións, adoitan ficar deslabazados. Coido que é fundamental a actualización porque nas catástrofes deste tipo o número de mortos, as cousas, e os feitos en xeral adoitan achegarse más ia hipóteses que a certezas e é normal ter que rectificar o publicado.

2. Sensacionalismo da infografía: Moitas veces non se pode evitar que os infográficos, na procura de seren máis vistos, caian no sensacionalismo. A cuestión non debe analizarse de xeito xenérico, ás veces é lícito ser sensacionalista, chamar a atención, e outras é mellor ser discreto e tradicional. Todo depende do medio, das características do atentado e a traxedia que provocou, e o que xa se publicase. Por exemplo, se un tema está moi manido, cómpre ser un pouco “sensacionalista” e achegar novidades para que o lector non pase a folla. Eu no blogue meu colguei un infográficos obre accidentes de tráfico e os comentarios que se abriron sobre el centrábanse no seu sensacionalismo porque na imaxe aparecía un cadáver cuberto. Porén, o infográfico era efectivo e, en parte, grazas, precisamente, a ese detalle.

3. Cal é a función dos infográficos nestes atentados?. Contextualizar unha morea de datos e testemuñas que lían o texto. Búscase claridade,presentar un “mapa” do acontecido. É certo que moitos sobran e fanse ás veces por encher ocos.

4. En que atentado foi máis útil a infografía? A quen queres máis: a papá ou a mamá? Cada atentado é diferente. Eu coido que en ámbolos dous casos foron precisos os infográficos. No 11-S, porque eran feitos acontecidos nun escenario arredado que era preciso contextualizar, e no 11-M porque había unha gran densidade de datos.

martes, 19 de enero de 2010

viernes, 8 de enero de 2010

Reflexión persoal sobre o Novo Xornalismo do que fala Peltzer

“Dígame, ¿qué es el periodismo?”, preguntó, pasándome una mano por el hombro. Dudé, antes de responder: “Dígamelo usted”. Sonrió en la oscuridad, pensando. “El periodismo es una mirada”. Se calló. “El periodismo es una mirada diferente”, prosiguió. “El periodismo es una mirada diferente que se sabe transmitir”, se atrevió a añadir. Rio travieso. “El periodismo soy yo”. Fue ahí donde dio por terminada su intervención magistral. ¿Y yo?; ya lo había entendido.

Paro modificada

Si, é verdade. Fica mellor sen a táboa.

jueves, 7 de enero de 2010

A esencia dos infográficos

Eran tardes de televisión, no salón en tebras. De partidos de fútbol e tenis, de voltas ciclistas e xogos de billar na Eurosport. De competicións de patinaxe sobre xeo e corridas de touros. Meu avó, cordobés de pura cepa, xogara a poucos deportes na súa vida pero víaos todos e pasoume o amor por case todos eles. O xeito de familiarizarse coas regras de cada unha das disciplinas eran aqueles debuxos esquemáticos. Tamén miña avoa me debuxaba os enderezos dos sitios e foi grazas a este tipo de debuxos que me ensinou a facer meu pai que conseguín que os temas de estudo se convertisen en esquemas facilísimos de estudar. Os infográficos, dun xeito moi primitivo, son xa unha ferramenta valiosísima do ser humano para se desenvolver na súa realidade cotiá. Dixitalizalos e aplicalos ao mundo do xornalismo foi o que os -de certo xeito- institucionalizou. Mais todos podemos recordar aplicacións nosas de este tipo de "deseños", non si?