miércoles, 20 de enero de 2010

Cuestións sobre atentados e infografía

1. Actualización: información ou desinformación? Nos temas referentes a atentados coido que é fundamental facer infográficos para explicar como foi que realmente aconteceu, contextualizar a información e aclarar aspectos que, sobre todo, nas primeiras informacións, adoitan ficar deslabazados. Coido que é fundamental a actualización porque nas catástrofes deste tipo o número de mortos, as cousas, e os feitos en xeral adoitan achegarse más ia hipóteses que a certezas e é normal ter que rectificar o publicado.

2. Sensacionalismo da infografía: Moitas veces non se pode evitar que os infográficos, na procura de seren máis vistos, caian no sensacionalismo. A cuestión non debe analizarse de xeito xenérico, ás veces é lícito ser sensacionalista, chamar a atención, e outras é mellor ser discreto e tradicional. Todo depende do medio, das características do atentado e a traxedia que provocou, e o que xa se publicase. Por exemplo, se un tema está moi manido, cómpre ser un pouco “sensacionalista” e achegar novidades para que o lector non pase a folla. Eu no blogue meu colguei un infográficos obre accidentes de tráfico e os comentarios que se abriron sobre el centrábanse no seu sensacionalismo porque na imaxe aparecía un cadáver cuberto. Porén, o infográfico era efectivo e, en parte, grazas, precisamente, a ese detalle.

3. Cal é a función dos infográficos nestes atentados?. Contextualizar unha morea de datos e testemuñas que lían o texto. Búscase claridade,presentar un “mapa” do acontecido. É certo que moitos sobran e fanse ás veces por encher ocos.

4. En que atentado foi máis útil a infografía? A quen queres máis: a papá ou a mamá? Cada atentado é diferente. Eu coido que en ámbolos dous casos foron precisos os infográficos. No 11-S, porque eran feitos acontecidos nun escenario arredado que era preciso contextualizar, e no 11-M porque había unha gran densidade de datos.

7 comentarios:

  1. Tal como me explica na nota, non pudo facer os infográficos en flash, pero quizáis tería sigo mellor que me comentara antes este problema, xa que podería ter feito un maior número de infográficos estáticos.
    Dacordo coas miñas revisións, publicou:
    - 3 sobre o paro en Galicia, ¿?. son variacións pero non sei porque foron 3, cando hai cousas que non modificou e que revisei.
    - PIB. Revisado e tampouco modificado
    - Xamón. Revisado e non modificado
    - Queixo. Revisao e non modificado
    - Canon. Revisado e non modificado
    Tampouco sei cal é o seu traballo teórico. Nunha entrada (paro en Galicia no mes de novembro, 8/12/09) comentou que o ía facer sobre a infografía e a prensa local, pero eu só vexo entradas sobre Faro de Vigo pero sen ningunha aportación teórica sobre o asunto.
    marotlo

    ResponderEliminar
  2. Ánimo compañeira! Aínda que a profesora non valore o suficiente o traballo feito para a asignatura que sepades que os compañeiros de clase que non escollemos Infografía vos apoiamos e que sabemos que traballachedes moito, que tivechedes que recorrer a tutoriais sobre os programas para facer os infográficos e que os traballos para expoñer vos levaron moito tempo. Algúns de vos incluso un tempo escaso xa que estamos en cuarto e moitos tendes prácticas en empresas. É unha lástima que non se vos recoñeza tanto traballo.

    ResponderEliminar
  3. Nota: 5,5
    Notas provisionais (bocetos, blogs, infografías estáticas e animadas, exposicións teóricas)
    Revisión: mércores 3 de febreiro, de 10:30 a 14:00. Despacho 1.

    ResponderEliminar
  4. Tra-la lectura das súas valoracións (21), o resumo, e sempe desde a miña lectura, quedaría en:
    - queixas sobre o apartado programas, 15
    - apoio ás súas exposicións e ós blogs, 10, respectivamente
    - máis teoría, 8
    - Rexeito do exame, 6
    - Ben charla con Xaquín, 5
    - Moito traballo, 3
    - En xeral, un grande descontento
    - Propostas: necesidade de teoría, orientación á infografía interactiva, búsqueda dunha pedagoxía axeitada ó ensino da informática, máis traballo centrado na realización de infográficos, reducción de programas informáticos.
    Moitas grazas polo seu esforzo e moitas grazas polas súas opinións.
    marotlo

    ResponderEliminar
  5. Entre as queixas contra o exame, hai algunhas que aluden á inxustiza que supón estudiar cousas que non se explicaron. Polo que, en aras de resolver ese problema e como hai u número relevante de persoas que apoiaron as exposicións, entón o exame estará centrado únicamente sobre os contidos elaborados por vostedes e os debates.
    Moitas grazas
    marotlo

    ResponderEliminar
  6. o exame do día 11 consistirá en 10 preguntas curtas sobre a documentación que lles entreguei.
    marotlo

    ResponderEliminar
  7. Bó, o exame é o día 12, como vostedes ben saben
    marotlo

    ResponderEliminar