Eran tardes de televisión, no salón en tebras. De partidos de fútbol e tenis, de voltas ciclistas e xogos de billar na Eurosport. De competicións de patinaxe sobre xeo e corridas de touros. Meu avó, cordobés de pura cepa, xogara a poucos deportes na súa vida pero víaos todos e pasoume o amor por case todos eles. O xeito de familiarizarse coas regras de cada unha das disciplinas eran aqueles debuxos esquemáticos. Tamén miña avoa me debuxaba os enderezos dos sitios e foi grazas a este tipo de debuxos que me ensinou a facer meu pai que conseguín que os temas de estudo se convertisen en esquemas facilísimos de estudar. Os infográficos, dun xeito moi primitivo, son xa unha ferramenta valiosísima do ser humano para se desenvolver na súa realidade cotiá. Dixitalizalos e aplicalos ao mundo do xornalismo foi o que os -de certo xeito- institucionalizou. Mais todos podemos recordar aplicacións nosas de este tipo de "deseños", non si?
jueves, 7 de enero de 2010
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
paréceme unha boa reflexión, ana. De feito a forma máis clara de ver unha información é mediante un debuxo, e os que estudiamos sabémolo ben. O reto é lograr condensar a información de forma visual, porque a veces parece que en vez de facernos o camiño máis fácil, nolo complican. Pero sen dúbida algunha o debuxo é moito máis intuitivo para o ser humano cá escritura, posto que naceu moito antes.
ResponderEliminarEfectivamente, cando debuxas onde vives nunha servilleta para que outra persoa poida achegarse a túa casa, é unha maneira estupenda de visualizar unha información, é como facer un primeiro mapa de situación.
ResponderEliminarmarotlo