sábado, 26 de diciembre de 2009
Como?
Cando?
(Elias Regueira)
2. Votacións:
(Elías Regueira)
3- Informes:
(Laura Monsoriu)
viernes, 25 de diciembre de 2009
Especialización relativa
Especialización dentro da sección de Maquetación
Infografía e deseño gráfico “all around the world”
Os xornais locais apostan por unha boa aposta gráfica. Mostra diso son os cambios constantes na maquetación e, sobre todo, na procura de bos profesionais que se encarguen da elaboración dos infográficos, viñetas humorísticas e debuxos ad hoc. E iso pasa en puntos arredor de todo o globo. Dende Galicia até Pernambuco., o súmum do que está lonxe. Si, si. Até Pernambuco. A folha de Pernambuco fai unha aposta interesante en canto ao humorismo gráfico.
Infografía na prensa local. Introdución
Pero o próximo ten aínda unha gran forza. É por iso que economistas, sociólogos, políticos e demais analizadores dos fenómenos actuais falen do “glocal” xa como realidade. O local e o global mistúranse a cotío nos intereses dos lectores. É por iso que a prensa local aposte por ter un equipo que saiba resolver as necesidades propias de infográficos nas seccións locais e autonómicas, porque os infográficos hoxe en día son o pulmón de moitas das informacións, sobre todo daquelas máis áridas.
A teoría do "framing" na infografía
Agora ben, que o enfoque sexa un ou outro non quere dicir que o infográfico non sexa un espello da realidade, só que con perpectivas diferentes. A manipulación, porén, si que non se pode incluir dentro desta análise de ningún xeito, porque sería como poñer o reflexo dun porco coa imaxe dun can. E penso que é fundamental destacar esa diferenza de conceptos.
martes, 8 de diciembre de 2009
Revisión de “Una nueva visión del proceso comunicativo: La teoría del enfoque (Framing)”
O problema reside en equiparar os espellos co concepto tan cobizado, á vez que imposíbel de atixir, que é a obxectividade. As noticias, as reportaxes, as entrevistas son espellos, unhas veces de aumento, outras, estilizantantes. E tamén son, por suposto, enfoques, esceas, cadros.
A distancia que separa a información da interpretación ten o grosor do cabelo dun elefante, ou unha febra de azafrán. Non quere dicir que se trate de pura opinión, entendida propiamente como tal, que se camufle sutilmente de obxectividade, como se di no texto para revisar. Todo é interpretación, incluso en pezas que recollan declaracións e propostas de accións concretas.
De que depende o enfoque? Da axenda cotiá do medio, do encargado de sección, das circunstancias que rodean a información; do xornalista e toda a súa casuística; do tempo que se poida dedicar ese día á nova; da sorte; do espazo que se disponga na sección e, tamén, na páxina; da maquetación, do momento… Un mesmo xornalista, por ejemplo, podería poñer o espello contra un elemento diferente da realidade dependendo do momento no que se enfronte á peza. Os enfoques, nas historias ricas de matices, son múltiples. Ás veces, a maioría, trátase dunha escolla, sen máis. A vida consiste en tomar decisións sobre aquilo que se nos pasa diante dos ollos en forma de vida. Como dicía Caetano Veloso, “uma escola que a gente precisa aprender”. E nos medios, cada exemplar é froito dun conxunto de decisións que deron forma a esa conxunto de páxinas e as constituíron nun xornal, ou a ese conxunto de arquivos sonoros que levaron ao programa do día.
É coherente o que recolle Pilar Jiménez Armentía. O xeito de funcionar do noso, aínda en parte descoñecido, cerebro é ese tamén. Unha escolla de elementos. Quedamos co que nos parece máis interesante, co que en cada momento cadra, ou non. Eleximos os camiños da nosa existencia, que non son os perfectos, nin son mellores, nin peores, no momento da elección. Ás veces despois un se arrepinte do enfoque, outras se autoaplaude. Pero o publicado, publicado está. Apréndese para o día seguinte, para non caer. Escóllese outro encadre, outra perspectiva, e fáiselle chegar aos demais. É preferible aproximarse a un farrapiño de realidade que quedarse en nada por pretender abarcalo todo. Así é o xornalismo. Nin a verdade absoluta e o rigor inmaculado que algúns todavía abandeiran, nin un monte de mentiras e intereses escuros e pérfidos. É nin máis nin menos iso, reflexos, enfoques, decisións. E o que non escolle queda fóra do xogo, vendo como a película lle decorre por diante dos ollos; iso si, tamén fotograma tras fotograma.
viernes, 4 de diciembre de 2009
Infográficos axeitados
miércoles, 2 de diciembre de 2009
Visualmente
Con secciones y post no sólo en castellano, sino en los idiomas originales (portugués, guaraní, inglés y francés), VisualMente también te ha podido mostrar lo último en periodismo visual norteamericano con la mejor traducción al castellano.
lunes, 16 de noviembre de 2009
Cedas adicións e alcolismo "botelloneiro"
Por outro lado, atopabase unha entrevista máis a fondo co doutor Tiburcio Angosto, do que tiñamos foto feita a propósito para acompañar o que finalmente se convertiría en despece. E, por último, tiña o último informe de Alborada sobre os participantes no botellón, do que só tiñan copias a Xunta e o Concello, pero que non se fixera público até entón. Cos datos achegados polo propio colectivo, organicei un gráfico moi sinxelo que establecese os trazos fundamentais do perfil dun rapaz "botelloneiro", e que Luis Davila se encargou se elaborar.
viernes, 6 de noviembre de 2009
Solucións para tempos de crise
lunes, 2 de noviembre de 2009
Clean up the world - make infographics
Sometimes the world are so chaotic, that a little tidying-up is in place.
When the Swiss comedian Ursus Wehrli decided to clean up pieces of art, he transformed the art into infographics …
Infographics are easier to understand. Infographics looks like you’re in control. Infographics are clean.
At least this holds true for the infographics in current fashion - generated by computers, consisting of geometric patterns.
I think it’s time to go look at some of the infographics produced a couple of years ago by Jaime Serra. He mixed the graphics and the arts in a way, so you couldn’t be sure what was what.
The presentation is well worth seeing for the presentation-technique too. If everyone perfomed like this, it would be even more joyful to go to a conference. Ursus is good on a stage, although his breath can be a bit heavy in the microphone. It’s 15 minutes, but you’ll get a several fun moments and some insights, so it’s recommended.
Source: http://visualjournalism.com/clean-up-the-world-make-infographics/2009/04/01/
Exemplo bibliográfico ilustrativo
lunes, 19 de octubre de 2009
Que di o dicionario?
A infografía na prensa
A infografía é na prensa galega, a cotío, o xeito máis sinxelo e empregado para dar saída a este tipo de situacións. Os infográficos, ben feitos, son un pulmón extra que osixena a peza xornalística, facéndo máis próxima e máis atractiva.
Polo uso do vocablo, e independentemente das características do propio produto, adoitase chamalo só “gráfico” na xerga xornalística.
Gráfico: Laura Monsoriu (Faro de Vigo)